venres, 25 de novembro de 2011

A cova dos mouros

O castro e o Castelo de Lobarzan e moi probablemente a zona arqueolóxica mais importante de toda a comarca de Monterrei, eles solos podería dar para mais dunha ducia de entradas no blog e se me descoido para un libro.

Pero hoxe quero centrarme  nunha cova que alí se encontra, falo da “Cova dos Mouros”, unha das poucas covas naturais da nosa contorna. Este refuxio natural, existente dende tempos inmemoriais, foi testigo de gran parte da historia humana da nosa comarca dende o Calcolítico ou “Idade de Cobre” hasta a idade media
A entrada da cova é o sitio mais estreito do refuxio e para poder acceder hai que reptar por un pequeno burato, xa no seu interior, e coa lanterna acendida, pódese observar a Cova dos Mouros  en todo o seu esplendor. Tratase dunha galería de aproximadamente 7 metros e medio de lonxitude, cunha altura que nalgúns sitios case chega os 3 metros e cunha anchura máxima de 3 metros e medio. Na parte media da cova hai dúas pequenas aberturas naturais que permiten que entre algo de luz e ventilan a cova. O chan é de terra agás no final da cova que esta formado por pequenas pedras e nel pódese observar restos de tella e incluso algún resto de cerámica.
Nunha interesante investigación feita por Antolín Gómez Fernández e Montserrat Vázquez Domínguez atopouse mais de un centenar de fragmentos cerámicos pertencentes a época romana, que era a única época que entraba na investigación, así como asas e regulas. Por ultimo nesa mesma investigación titulada: LA OCUPACIÓN ROMANA DEL YACIMIENTO DE CASTELO DE CHÁS: «A COVA DOS MOUROS» (OÍMBRA, OURENSE) falase da posibilidade de que houbera unha estructura no exterior da cova que funcionara a modo de atrio, e que o seu interior fora un lugar sagrado, tamén comentan as posibilidades que podería ofrecer o abrigo para o descubrimento de gravados rupestres, pero polo o de agora non existiron os medios técnicos necesarios para dita investigación




Ningún comentario: