mércores, 9 de novembro de 2011

O castelo, a atalaia e ¿Forte de S. Salvador?

Saúdos:

Para dar como inaugurado o blog e como xa está cerca o magosto e moita xente vai ir a atalaia, hoxe vou falar do  Forte de S. Salvador, un esquecido e xa case desaparecido baluarte defensivo do castelo de Monterrei.
A 1600 metros do castelo de Monterrei dirección nor-noroeste atopábase este forte, é dicir, xusto no altiño do monte de S. Salvador e do cal colle o seu  nome. Case non existen datos deste forte e nin tan sequera e seguro  que algunha vez estivera rematado. No ano 1994, Xerardo Dasairas no seu libro: “Monterrei 1494-1994” aseguraba que este forte foi proxectado pero nunca chegou a construírse, inda así, describía as  técnicas de fortificación do proxecto, que según el contarían con: Bóvedas a proba de bombas para 200 homes, bóvedas para almacenar bombas, repostos de pólvora, corpos de Garda, pavillóns e habitacións para o gobernador e oficiais, galerías e cisterna. Non foi ata o ano 2008, cando un artículo do laboratorio de patrimonio da Universidade de Santiago titulado: “análisis y recuperación de un paisaje urbano fortificado en la villa de Verín” deu cos restos do Forte o examinar unhas fotografías aéreas do ano 1956, na que se podía ver a súa planta estrelada.
Hoxe en día, por unha parte do forte pasa un corta fogos e a outra parte e case imperceptible "in situ", pero sempre podemos facer de investigadores, coller o Google Earth irnos ó monte de S. Salvador, buscar as cordeadas: "41°57'29.79"N    7°27'47.84"O"  e se tes instalada a función cronolóxica, buscar a foto do 13 de outubro do 2006.
Pero se non tedes ganas de ir o Google Earth, aquí vos deixo a foto:

Ningún comentario: