luns, 20 de febreiro de 2012

Descripción e foto dun cigarrón no ano 1921

No ano 1921 no xornal “La Esfera” publícase un artigo, escrito por Máximo GUN, titulado “Los “cigarrones” de Monterrey”, este artigo consta de dúas partes ben diferenciadas. A primeira é unha descrición do val e do castelo de Monterrei, da cal saquei a foto que publiquei anteriormente. A segunda parte, que transcribo a continuación, describe os Cigarróns, algunhas tradicións que tiñan e aparece a foto dun destes cigarróns.
O artigo di así:

El día 1º de Enero de cada año, desde hace muchos, porque es producto de la tradición, aparece en la comarca del valle de Monterrey un figurón que actúa en las calles y las casas desde esa fecha hasta el último día de carnavales. Se trata de una máscara. Al parecer de origen romano, que viste un calzón corto de rizos, chaleco  y chaquetilla cuajados de galones de plata y oro, con fondo en seda de colores chillones; un cinturón con cuatro cencerros, cuyo sonido ha de indicar la llegada del cigarrón ; una careta de madera pintada que se prolonga en una especie de gran mitra, de metal pintado, y, en la mano, un palo, a cuya punta cuelga una tira de pellica, con la que el cigarrón golpea a las gentes a su paso.
 A causa de esta pellica, los gallegos llaman piliqueiro al cigarrón.
Actualmente se ha desvirtuado mucho la tradición. Los cigarrones de hoy van pidiendo dinero á los viandantes. Pero antaño los cigarrones llevaban precisamente las medias que había puesto la novia el día de la boda, así como ajustaban  á su cuello el pañuelo con que ellos habían de ir al altar.
El cigarrón debe su origen a los figurones que acudían al castillo de Monterrey, cuando los vasallos iban a rendir pleitesía á su señor, para figurar como ojeadores á la cabeza de las grandes monterías que para festejar á los condes se celebraban. Con las pellicas iban los cigarrones golpeando las matas para hacer saltar la caza.
El cigarrón hasta hace muy pocos años era inviolable. Nadie podía pegarle, sino en la parte de la cabeza que la carantoña apellicada deja libre.
Rodeado por los mozos del pueblo, si estos lograban acorralar, había de pagar a cada uno su convite.
He aquí la tradición de los cigarrones, de esta mascara casi infernal que en los primeros meses de cada año se pasea por el valle de Monterrey, del que es cúspide y corona el almenado castillo de los Zúñiga.



¿Que vós parece? Dende logo igual que o de agora non é. Este artigo ten bastantes puntos con polémica: di que a máscara e de orixe romano, a careta non era toda de madeira, os cigarróns nos últimos anos dedicaranse a pedir diñeiro e, por último, fixástesvos na foto, ¡o debuxo da careta non e dun animal!

xoves, 16 de febreiro de 2012

Carta do descubridor da “Estela do Guerreiro” de Castrelo do Val.

Esta carta que reproduzo aquí foi escrita polo descubridor da Estela do Guerreiro, D. José Luís Lozano para enviar o defensor do pobo e outras entidades co fin de que a devandita estela se quede en Castrelo do Val.

Fai case tres anos que un menhir da Idade de Bronce saíu da terra nunha pequena finca da Galicia rural. Un veciño da localidade, irmán do dono e amante da historia deuse conta do seu valor histórico e asociou o descubrimento cos seus recordos.
Ese veciño son eu, vivo na comarca de Monterrei, na provincia de Ourense. Esta comarca está bendita polo Río Támega, que deu nome as tribos que se encontraron os romanos e as que deron o nome xenérico de “Tamagani”. Mil anos antes dos romanos, un home puliu unha pedra de granito, traída dende varios quilómetros, para facer a forma dun guerreiro, erguido e cas súas armas. Estivo en pé tres mil anos, os últimos corenta baixo terra, antes deso formou parte dun muro, ao pé dunha calzada romana que vai paralela ao río que da vida a esta comarca.
Ese menhir representa unha oportunidade única de axudar a esta comarca, facendo que represente un inicio, o que evitaría que emigrara tanta xente. Eu persoalmente non coñezo a maior parte da miña familia  por estar ela en Arxentina de fai setenta anos. A xeración de 1970 a cal pertenzo encóntrase hoxe en Cataluña, Pais Vasco ou o máis ousado en Australia.
Esta razón non sería suficiente para pedir que se quede na comarca, pero se engadimos que en Verín hai tres balnearios de principio do século XX que funcionan como poden,outros dous en ruínas, existe tamén un castelo medieval do século X e que pertence a Casa de Alba. Hai varios castros nun aceptable estado de conservación e que se poden visitar ao estar cerca das vías de comunicación. O Val é tamén unha vía cara Portugal e a porta de entrada a un parque natural de media montaña como é o “Invernadeiro”. Case toda España coñece o entroido de Verín.
Na miña aldea, Castrelo do Val, hai un castro sen escavar e unha necrópole romana onde se atopou unha ara romana cunha inscrición dedicada a un soldado, o primeiro home do que se ten constancia escrita na comarca.
Esta estela e mil anos anterior, e tamén deixa constancia en forma de petroglifo doutro habitante da comarca, un guerreiro e posible xefe de clan que foi admirado e recordado polos seus coetáneos.
Son todas boas razóns para que o menhir, chamado “Estela do Guerreiro de Pedralta”se quede. Lamentablemente a lei di  que ten que estar nun museo, o Museo Arqueolóxico de Ourense, que leva doce anos pechado, para estar ao lado doutras estelas, partes da historia doutras comarcas, partes que quedan ocultas e descoñecidas para moita xente.
Se finalmente e trasladada a capital, toda esta historia perderase, quedará fóra de contexto ó estar acompañada doutros obxectos alleos e ó non poder ver a paisaxe e sentir o clima que rodea cada pedazo de historia.

 José Luís pretende con esta carta acadar todo o apoio posible para que a estela se quede onde lle pertence. A xente xa se empeza a mobilizar na súa defensa (ameázano cunha multa de entre 60.000 e 150.000 euros) e alguén creou un grupo de Facebook para a causa (http://www.facebook.com/pages/QUEREMOS-A-PEDRA-DO-GUERREIRO-EN-CASTRELO-DO-VAL/191890507523989?sk=wall). Eu invítovos a visitar a páxina e apoiar esta iniciativa que pararía o expolio legal do noso patrimonio.