Supoño que quen máis ou quen menos todos coñecemos o Castelo de Monterrei, pero hoxe quixera invitarvos a dar un paseo pola súa aldea. Obviando o castelo e as súas altivas torres daremos unha volta pola que foi durante moito tempo a vila máis importante de comarca e una das máis importantes do sur de Galicia
|
Camiño que daba acceso a igrexa dende a Rúa Principal |
|
No 1512 Gonzalo Rodríguez de la Pasera escribe un informe para o rei Fenando "O Católico" no que xa comentaba o despoboamento da vila, dicindo que xa so quedaban nela once veciños casados e que xa facía máis de sete anos que cairan máis de duascentas casas porque tódolos veciños baixaban a Verín ou a Pazos. Ó final deste informe suxerialle ó rei que a fixera franca para que se volvera a poboar. |
|
Esta casa situada ó pé do castelo na praza da constitución foi nun principio o cuartel de infantería e máis tarde un posto da Garda Civil. |
|
En 1555 instálase en Monterrei un convento e colexio xesuíta, dando lugar a unha gran explosión demográfica na vila debido ós numerosos estudantes que residian alí e incluso na aldea anexa da Pousa |
|
Na explanada da Praza da Constitución, enfronte ó castelo., levantábase a casa do concello, a cal contaba cun amplo soportal. Hoxe so queda unhas paredes morralentas |
|
A Casa reitoral situábase dentro do Patio de Armas e tiña acceso tanto a este como a Rúa Principal |
|
A mediados do século XVI o concello dicta unhas serie de leis: os "vagamundos" non podían permanecer máis de tres días no recinto e polas noites a partires das oito era obrigado levar fachos e non levar armas dobladas |
|
Rúa empedrada que dá a Praza da Constitución |
|
Antigos escalóns para unha casa que xa non existe |
|
A finais do século XVIII a vila volvera a perder poboación e contaba con menos de 50 veciños |
|
Ruinas do Corpo de Garda de San Francisco |
|
Por un informe de principios do século XIX, sábese que o día 16 de cada mes había feira e a ela acudian todo xénero de mercadorías, músicos e danzantes |
|
Segundo documentación inquistorial existía no século XIX un bordel o cal tiña moita clientela nos debanditos días de feira |
|
Hospital de peregrinos, Construído no ano 1391e que se utiliza hoxe en día como albergue xacobeo |
|
Casas situadas ó pe da porta do sol |
|
Porta de S. Francisco |
|
Blasón e base do que foi unha garita no Baluarte de S. Fernando |
|
Portón que defendía o camiño cara á fonte |
|
Corpo de garda da "Nova porta do sol" |
|
A única fonte de manantial coa que contaba a vila encóntrase fóra das murallas e foi construida no 1619 debido ó problema de abastecemento de auga que tiña a fortaleza |
|
Esta casona foi a primeira atalaia coa que contou o castelo, máis tarde utilizouse como almacén de pólvora e gardamecha |
|
Restos da torre cárcere que existía enfronte do corpo de S. Francisco |
|
Casa con escudo |
|
As últimas casas foron abandonadas a mediados do século XX, estas parecen estar paradas no tempo, como se o dono fose voltar despois dun día de labor no campo |
Bibliografia: Xerardo Dasairas Valsa: Libro-Guia de Monterrei